jueves, 29 de septiembre de 2022

AXUDAS ÁS ASOCIACIÓNS DE PERSOAS CONSUMIDORAS DE GALICIA PARA ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN, FORMACIÓN E DIVULGACIÓN EN MATERIA DE SOBREENDEBEDAMENTO

 INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2022 pola que se convoca e regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2022, ás asociacións de persoas consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de sobreendebedamento (código de procedemento CO400C).

Obxecto
As axudas reguladas nestas bases teñen por obxecto a realización por parte das asociacións de consumidores inscritas na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia dun programa de actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de sobreendebedamento, coas especificidades que se establecen no artigo 2 destas bases.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de consumidores que estean legalmente constituídas e inscritas, no momento de publicarse esta resolución no Diario Oficial de Galicia, na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes é dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.