INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA
Obxecto
As axudas reguladas nestas bases teñen por obxecto a realización por parte das asociacións de consumidores inscritas na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Persoas Consumidoras e Usuarias de Galicia dun programa de actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración de enerxía eléctrica e comercio electrónico seguro coas especificidades que se establecen no artigo 2 destas bases.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de consumidores que estean legalmente constituídas e inscritas, no momento de publicarse esta resolución no Diario Oficial de Galicia, na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes é dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.