viernes, 23 de septiembre de 2022

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO DAS SUBVENCIÓNS PARA A ADQUISICIÓN DE BICICLETAS CON PEDALEO ASISTIDO 2022

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

ORDE do 9 de setembro de 2022 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 12 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido, en réxime de concorrencia non competitiva, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para a anualidade 2022 (códigos de procedemento IF319A e IF319B).

Ampliación de crédito
Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Orde do 12 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido, en réxime de concorrencia non competitiva, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para a anualidade 2022 (códigos de procedemento IF319A e IF319B), Diario Oficial de Galicia número 135, do 15 de xullo de 2022, por un importe de 500.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 09.02.512A.780.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.
Unha vez efectuada esta ampliación, o importe total destas axudas ascende a 1.000.000,00 euros.
O prazo de presentación de solicitudes continúa aberto nos mesmos termos establecidos na orde de convocatoria destas axudas.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.