viernes, 13 de mayo de 2022

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA COMERCIALIZACIÓN DA ARTESANÍA GALEGA E SE CONVOCAN PARA 2022

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

ORDE do 26 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN201G).

Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento da comercialización da artesanía galega. As ditas actuacións deberán estar realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2022. Así mesmo, excepcionalmente, considérase subvencionable a organización e participación en feiras do período do Nadal 2021/22 e os gastos efectuados desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2021 derivados destas.

Beneficiarias/os
Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídos e que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:
1. Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día de prazo establecido para a presentación da solicitude de subvención.
2. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 90 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na sección segunda (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
3. Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir coa obriga de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.