1.- No Servizo
de Estudantes da Universidade da Coruña (UDC), estamos preparando as Xornadas
de Portas Abertas Virtuais (XPAV) para os vindeiros mércores 30 e xoves 31
de marzo, en horario de 16:00h a 20:00h, vía Teams.
 
A nosa
intención e facer unhas Xornadas áxiles e interesantes
para o Futuro Estudante, nas que poderá: 
- Seguir
     as charlas en directo das titulacións de Grao nas que poderán facer
     consultas aos relatores. 
- Ver
     vídeos dos Centros e da Vida Universitaria que a UDC lles ofrece, así como
     testemuñas do alumnado universitario.  
- Participar
     nos retos e obradoiros, nos que poderán conseguir
     premios. 
 
As
Xornadas comezarán o dia 30 e o 31
de marzo ás 16,00h coa charla en directo sobre as ABAU -
PREINSCRICIÓN do prof. Pedro Armas, Delegado da UDC ante
a  CIUG, nas que expoñerá o calendario e novidades para o 2022. 
 
Podedes
visitar a última edición das Xornadas virtuais na seguinte
ligazón: 
https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/portas_abertas/ 
 
2.- BOLSAS MINISTERIO EDUCACIÓN: Adianto
prazo de solicitudes curso 2022/23 
O sábado
12/03/2022, publicouse no BOE a convocatoria de becas de carácter xeral
para o curso 2022/23, para estudantes que cursen estudos
postobrigatorios. 
O prazo
de solicitudes será do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022, a través da Sede
Electrónica do Ministerio. 
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html 
  
Gracias pola atención e colaboración prestadas. 
Contamos con vós nas XPAV-MARZO-2022
 
 
Un cordial saúdo, 
Servizo de Estudantes 
 
