CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE
Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A)
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para facer fronte á situación económica motivada pola COVID-19 que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiaras das axudas reguladas nesta orde:
1. Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia, incluídos os autónomos societarios que tivesen unha alta anterior ao 30 de marzo de 2020 e que acrediten unha baixada de facturación de polo menos o 45 % nos termos establecidos no artigo 19.3.
2. As persoas autónomas societarias que estean de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar con data anterior ao 30 de marzo de 2020 e indiquen no anexo I unha empresa da cal sexan societarias cunha porcentaxe de participación mínima do 25 % e cumpran os requisitos de baixada de facturación.
3. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que, aínda que non estean de alta no momento da presentación da súa solicitude, teñen estado de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses en cada un dos anos 2018 e 2019.
Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.
Dada a natureza extraordinaria, tanto das actuacións subvencionables destas bases reguladoras como da situación de estado de alarma e emerxencia sanitaria de que derivan e que provocou que a meirande parte de persoas autónomas e empresas solicitasen aprazamento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social ou á Administración da Comunidade Autónoma, ou mesmo que non poidan afrontar transitoriamente a súa satisfacción puntual, de acordo co establecido no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, exímense as persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se dean as seguintes circunstancias, que deberán acreditarse mediante a declaración responsable que figura como anexo I da presente orde.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, cumprindo o disposto no artigo 29 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establece un período mínimo dun mes, ou ben ata o esgotamento do crédito. De acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social publicarase no Diario Oficial de Galicia o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.ia, tanto das actuacións subvencionables destas bases reguladoras como da situación de estado de alarma e emerxencia sanitaria de que derivan e que provocou que a meirande parte de persoas autónomas e empresas solicitasen aprazamento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social ou á Administración da Comunidade Autónoma, ou mesmo que non poidan afrontar transitoriamente a súa satisfacción puntual, de acordo co establecido no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, exímense as persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se dean as seguintes circunstancias, que deberán acreditarse mediante a declaración responsable que figura como anexo I da presente orde.
Programa II de microempresas (TR500B)
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas e das persoas traballadoras autónomas, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que tivesen unha baixada de facturación de polo menos o 45 %.
Excepcionalmente, poderán ser beneficiarias as empresas que teñan ata 25 persoas traballadoras e o volume de facturación non sexa superior a dous millóns de euros no ultimo ano en que se presentasen contas e acrediten un descenso de facturación superior ao 60 %. No caso das pemes pertencentes á canal de distribución Horeca, o volume de facturación elevarase ata os cinco millóns de euros.
Persoas beneficiarias
As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas, as microempresas e, excepcionalmente, as pemes, conforme o indicado no artigo 29, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo e que tivesen unha baixada de facturación de polo menos o 45 %.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, desde o día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, cumprindo o disposto no artigo 29 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establece un período mínimo dun mes, ou ben ata o esgotamento do crédito. De acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social publicarase no Diario Oficial de Galicia o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.