CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE
Obxecto e finalidade
Garantir a viabilidade e estabilidade dos centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS) e empresas de inserción laboral (EIL) especialmente afectados pola crise do COVID-19 e consolidar os postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social.
Entidades beneficiarias
Os centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS) e as empresas de inserción laboral (EIL) especialmente afectados pola crise do COVID-19.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes é dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.
Outros datos
O procedemento de concesión da axuda prevista nesta orde ten a consideración de concorrencia competitiva.
As axudas reguladas nesta orde son compatibles co mercado interior e non constitúen axuda de Estado.