AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura dos postos de persoal investigador que se indican no anexo I desta resolución, conforme o establecido no Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación de persoal investigador dotado cunha bolsa do ERC, no marco do programa para a xeración, captación, retención e recuperación de talento investigador en Galicia –programa Oportunius–, código IN859A.
Segundo. Aprobar as bases polas que se rexerá o proceso de selección que se inclúen no anexo II.Para participar nesta convocatoria os/as candidatos/as utilizarán o modelo de solicitude que se inclúe no anexo III.
Terceiro. A presente convocatoria e a resolución que poña fin ao proceso de selección publicaranse no Diario Oficial de Galicia. As distintas resolucións que se xeren ao longo do proceso de selección publicaranse na páxina web: gain.xunta.gal
Cuarto. Esta convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos deriven dela ou da actuación do tribunal de selección poderán ser impugnados polos/polas interesados/as no prazo e na forma establecidos pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Quinto. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.