lunes, 15 de febrero de 2021

PROGRAMA CONECTA HUBS

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se realiza a convocatoria para o ano 2021 das axudas para proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia (programa Conecta hubs), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (códigos de procedemento IN852B e IN852C).

Procedemento IN852B. Axudas para proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental ou innovación en proceso ou organización.

Finalidade
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para o financiamento de proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs galegos de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia (programa Conecta hubs).
A través destes proxectos avanzarase nestes obxectivos dun xeito adaptado ás necesidades do Sistema galego da innovación mellorando a súa competitividade e resiliencia. Servirán, ademais, para consolidar os hubs galegos de innovación dixital estratéxicos no marco das súas áreas de traballo nun contexto de cooperación interrexional a nivel da Unión.
Esta resolución ten por obxecto aprobar a convocatoria para o ano 2021 da liña 1 das axudas para proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia:
– Liña 1 (código de procedemento IN852B): proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental ou innovación en proceso ou organización.
Orzamento: os proxectos de investigación e desenvolvemento deberán ter un orzamento mínimo de 500.000 euros e un máximo de 1.500.000 euros, dividido nas distintas actividades que vai realizar cada un dos integrantes da agrupación. Nos proxectos de innovación en materia de proceso ou organización o orzamento mínimo será de 250.000 euros e o máximo de 1.500.000. Non se exixirá un orzamento mínimo por empresa da agrupación.
Cada agrupación debe estar constituída por un mínimo de dúas empresas pemes non vinculadas entre si e un máximo de seis empresas. Na agrupación poderá participar só unha gran empresa cunha participación limitada a un máximo do 25 % do orzamento subvencionable total do proxecto.
No caso de que na agrupación non participe ningunha pequena empresa, será necesario que, como mínimo, unha sexa subcontratada por calquera das empresas da agrupación para desenvolver tarefas/actividades de I+D+i dentro do proxecto. Os proxectos serán plurianuais e deberán estar rematados antes do 30 de abril de 2023.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de empresas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, que realicen proxectos de I+D+i en colaboración. As agrupacións rexeranse polo documento contractual que as regule e un dos socios deberá exercer o papel de líder.
Os proxectos deberán estar enfocados ao mercado e orientados á xeración de coñecementos, tecnoloxías e innovacións destinados á mellora dos procesos de dixitalización e a creación de produtos e servizos tecnoloxicamente avanzados e de maior valor engadido que revertan nas pemes galegas e melloren a súa competitividade.
As empresas poderán ser pequenas, medianas ou grandes e deberán ter domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda. A participación de cada empresa deberá estar xustificada, ser relevante e equilibrada, e non poderá superar nunca unha mesma empresa (ou empresas vinculadas) o 65 % do orzamento subvencionable total do proxecto.
Cada proxecto deberá incluír, como mínimo, tres indicadores medibles que permitan recoller os avances obtidos, segundo a situación actual en Galicia, no obxectivo ou obxectivos específicos do programa Europa dixital a que se oriente o proxecto, sempre no marco da RIS3 Galicia. Estes indicadores deberán cuantificarse para poder determinar a evolución acadada polo desenvolvemento do proxecto.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes por parte do líder da agrupación comenzará desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto 45 días hábiles.

Procedemento IN852C. Axudas para proxectos de innovación en produto.

Finalidade
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para o financiamento de proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs galegos de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia (programa Conecta hubs).
A través destes proxectos avanzarase nestes obxectivos dun xeito adaptado ás necesidades do Sistema galego da innovación mellorando a súa competitividade e resiliencia. Servirán, ademais, para consolidar os hubs galegos de innovación dixital estratéxicos no marco das súas áreas de traballo nun contexto de cooperación interrexional a nivel da Unión.
Esta resolución ten por obxecto aprobar a convocatoria para o ano 2021 da liña 2 das axudas para proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia:
– Liña 2 (código de procedemento IN852C): proxectos de innovación en produto.
Os proxectos deberán ter un orzamento mínimo de 250.000 euros e un máximo de 600.000 euros, dividido nas distintas actividades que vai realizar cada un dos integrantes da agrupación.
Cada agrupación debe estar constituída por un mínimo de dúas empresas pemes non vinculadas entre si e un máximo de seis, todas elas pemes. Na agrupación non poderán participar grandes empresas.
Os proxectos poderán ser plurianuais. Deberán iniciarse a partir do 1 de xaneiro de 2021 e estar rematados antes do 30 de abril de 2023, e non poderán estar rematados materialmente antes da data de presentación da solicitude.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de empresas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, que realicen proxectos de I+D+i en colaboración. As agrupacións rexeranse polo documento contractual que as regule e un dos socios deberá exercer o papel de líder.
Os proxectos deberán estar enfocados ao mercado e orientados á xeración de coñecementos, tecnoloxías e innovacións destinados á mellora dos procesos de dixitalización e a creación de produtos e servizos tecnoloxicamente avanzados e de maior valor engadido que revertan nas pemes galegas e melloren a súa competitividade.
As empresas poderán ser pequenas ou medianas e deberán ter domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda. A participación de cada empresa deberá estar xustificada, ser relevante e equilibrada, e non poderá superar nunca unha mesma empresa (ou empresas vinculadas) o 65 % do orzamento subvencionable total do proxecto.