jueves, 9 de julio de 2020

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS NOS CONCELLOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA CON MOTIVO DO XACOBEO 21: CULTURA NO CAMIÑO +

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Finalidade
Establecer as bases reguladoras das subvencións destinadas a cofinanciar programacións culturais realizadas por entidades locais con motivo do Xacobeo 21, para contribuír á promoción das artes escénicas e musicais, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT302B).

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarios destas axudas todos os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que realicen unha programación cultural que contribúa á promoción de espectáculos de artes escénicas e musicais producidos por empresas con sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.