lunes, 27 de julio de 2020

SUBVENCIÓNS ÁS GALERIAS DE ARTE PARA A PARTICIPACIÓN EN FEIRAS E MERCADOS DE ARTE FÓRA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO



Finalidade
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas ás galerías de arte, que desenvolvan a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma galega, para facilitar a súa participación en feiras e eventos do sector que teñan lugar no ano 2020 fóra da comunidade (código de procedemento CT215C).
2. Para os efectos das presentes bases, enténdense como galerías de arte as persoas físicas ou xurídicas que teñan como actividade principal a exposición aberta ao público de obras de arte cunha finalidade comercial. A Dirección Xeral de Políticas Culturais poderá solicitar a acreditación desta circunstancia de consideralo necesario.

Persoas beneficiarias
1. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen, poderán ser beneficiarias das axudas convocadas pola presente orde, as persoas físicas ou xurídicas, dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais de carácter privado, titulares de galerías de arte, que desenvolvan as súas actividades no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter asistido e participado nunha feira ou mercado de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2020.
b) Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicitan a subvención.
c) Inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado.
d) Acreditar a relación dos asistentes coa empresa, mediante contrato ou declaración do titular da empresa beneficiaria.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarios das axudas recollidas nesta orde aquelas persoas ou entidades solicitantes nas que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. A solicitude irá dirixida á Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo.