CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
Obxecto
Convocar, na Comunidade Autónoma de Galicia, os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (código de procedemento ED311D) correspondentes ao curso 2019/20. Esta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, está dirixida ao alumnado que destacase polo seu rendemento académico na etapa de educación secundaria obrigatoria.
Persoas beneficiarias
Alumnado que cursase durante o ano académico 2019/20 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.