jueves, 2 de julio de 2020

AXUDAS ÁS PERSOAS TRABALLADORAS E ÁS EMPRESAS AFECTADAS POR EXPEDIENTES DE REGULACIÓN TEMPORAL DE EMPREGO DE SUSPENSIÓN DE CONTRATOS OU REDUCIÓN DA XORNADA PARA FAVORECER O MANTEMENTO DO EMPREGO ANTE FLUTUACIÓNS DA ECONOMÍA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
1. A presente orde ter por obxecto regular a convocatoria de axudas para paliar a situación económica e compensar a perda do poder adquisitivo das persoas traballadoras afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) de suspensión de contratos ou de redución da xornada, así como axudar as empresas afectadas no relativo á compensación dos custos que supoña a formación das persoas traballadoras afectadas polos ERTE, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedimiento TR820F).
2. Así mesmo, xunto con esta orde procédese á convocatoria das citadas axudas para o ano 2020.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que se trate de persoas traballadoras afectadas por un ou varios expedientes de regulación temporal de emprego de suspensión de contratos ou redución de xornada por causas económicas, técnicas, organizativas e/ou de produción (ERTE ETOP), en que a decisión empresarial sobre a suspensión ou redución da xornada tras a finalización do período de consultas fose comunicada á autoridade laboral competente ou en virtude de resolución xudicial adoptada no seo dun procedemento concursal.
Requírese que o período de consultas ou ben o procedemento de mediación que sexa de aplicación no ámbito da empresa conclúa con acordo entre as partes.
b) Que o/os expediente/s de regulación temporal de emprego afecten, dentro do período subvencionable, un máximo de 300 persoas traballadoras por centro de traballo da empresa radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que as suspensións de contratos de traballo ou reducións da xornada se fixesen efectivas ao longo do período subvencionable a que se fai extensiva á axuda e que será o establecido na respectiva convocatoria.
d) Que os ingresos brutos mensuais das persoas traballadoras, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias, non superen 2.500 euros ou a cantidade proporcional nos supostos de persoas traballadoras vinculadas á empresa por contrato de traballo a tempo parcial.
e) Que no caso de ERTE de suspensión, teña unha duración de, polo menos, 25 días dentro do período subvencionable. Nos supostos de ERTE de redución de xornada, a duración mínima para poder acceder á axuda será o equivalente a 25 xornadas completas dentro do referido período subvencionable. A duración máxima será de 180 xornadas de suspensión/redución dentro do período subvencionable por persoa traballadora.
2. Tamén poderán ser beneficiarias todas aquelas empresas que conten con persoas traballadoras afectadas por ERTE de suspensión de contratos ou redución de xornada que cumpran os requisitos establecidos no anterior punto; poderanse compensar os custos derivados da formación do dito persoal, sempre que as ditas empresas cumpran cos requisitos seguintes:
a) As empresas afectadas deberán ter pactado, formando parte do plan de acompañamento social, un plan de formación coa representación legal das persoas traballadoras ou, de ser o caso, coa comisión negociadora do ERTE.
b) O plan de formación deberá executarse durante a duración do/dos ERTE de suspensión/redución e deberán desenvolverse accións formativas vinculadas á actividade profesional das persoas traballadoras afectadas, co obxecto de incrementar a súa empregabilidade e adaptación ao ámbito dixital. A duración do plan formativo poderá ser a mesma que a pactada para o ERTE. A formación poderá ser presencial ou en liña.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, xunto coa convocatoria do ano 2020, e permanecerá aberto ata o 31 de outubro de 2020, agás o suposto establecido no artigo 9.1, en que se permitirá ata o 10 de novembro de 2020.