jueves, 23 de julio de 2015

SUBVENCIÓNS PARA SUFRAGAR OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS ENTIDADES ASOCIATIVAS GALEGAS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Finalidade
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2015 das subvencións destinadas a sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de Galicia de persoas traballadoras autónomas, das entidades asociativas de Galicia de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de Galicia de empresas de inserción laboral, coa finalidade de apoiar de forma eficaz a consecución e o cumprimento dos fins que lle son propios, a través dos seguintes programas de axudas:
– Programa de axudas ás entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas (capítulo III).
– Programa de axudas ás entidades asociativas de centros especiais de emprego (capítulo IV).
– Programa de axudas ás entidades asociativas de empresas de inserción laboral (capítulo V).
Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial, as entidades asociativas de centros especiais de emprego e as entidades asociativas de empresas de inserción laboral cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non sexan de ámbito superior ao da Comunidade Autónoma.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 24 de agosto de 2015.