martes, 28 de julio de 2015

PLAN PRIMEX 2015 (AXUDAS Á PROMOCIÓN CONXUNTA EN MERCADOS EXTERIORES)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
 O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización conxunta da empresa galega subvencionando proxectos de internacionalización conxuntos que teñan por obxecto a prospección de mercados do estranxeiro xuntando esforzos, compartindo custos e, se é o caso, estratexia e marca coa finalidade de iniciar, fortalecer ou consolidar a súa presenza nun ou varios mercados.
Beneficiarios
4.1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
4.1.1. Que sexan sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.
4.1.2. Que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
4.1.3. Que teñan un proxecto de internacionalización conxunto –que se acreditará mediante acordo notarial de colaboración ou mediante a documentación relativa á existencia dun consorcio–, con polo menos, outra empresa peme ou non peme, con domicilio social en Galicia, que cumpra o requisito indicado no artigo 4.1.5, e non vinculadas previamente entre si. A non vinculación previa implica que unha empresa non pode ter participación do capital doutra empresa coa que participa no proxecto de internacionalización conxunto,
nin dúas empresas que formen parte do mesmo proxecto de internacionalización conxunto poden ter un accionista común maioritario nalgunha delas. Ademais, dúas empresas participantes no proxecto de internacionalización conxunto non poden ter antes da solicitude de axuda un mesmo representante legal ou administradores comúns.
4.1.4. Que teñan na data da solicitude e durante todo o prazo de execución do proxecto algún empregado por conta allea en Galicia.
4.1.5. Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192. Este requisito non é necesario para empresas con diagnóstico positivo de potencial de internacionalización feito polo Igape no exercicio 2015, ou en exercicios anteriores.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 11 de setembro de 2015.