jueves, 16 de julio de 2015

BOLSAS A UNIVERSITARIOS/AS QUE PARTICIPAN EN PROGRAMAS DE MOBILIDADE CON PAISES EXTRACOMUNITARIOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
O obxecto desta orde é convocar, en réxime de concorrencia competitiva, 140 bolsas destinadas ao alumnado universitario matriculado nunha universidade do Sistema universitario de Galicia ou nun centro asociado da UNED en Galicia que participe no curso 2015/16 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa «Erasmus+», relacionados cos estudos que está a cursar.
Período e dotación da bolsa
1. O programa de mobilidade para o que se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2015/16.
2. A dotación económica asignada a cada beneficiario/a será dun máximo de 1.100 euros.
Requisitos dos/as solicitantes
Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2015/16 en calquera das universidades do Sistema universitario Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica.
b) Os/as estudantes extracomunitarios/as non poderán realizar o intercambio con universidades do seu pais de orixe.
c) Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe (universidades do Sistema universitario Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia).
d) Non ter gozado desta bolsa de mobilidade en convocatorias anteriores.
Prazo de solicitude: ata o 17 de agosto de 2015.