O Hub Olympe é un programa de fomento e acompañamento ao emprendemento colectivo e (co)liderado por mulleres. Está orientado a impulsar iniciativas en fases iniciais de negocio que procuran xerar un impacto social positivo.
O programa está deseñado para, en primeiro lugar, ofrecer acompañamento integral na etapa semente de proxectos (co)liderados por emprendedoras dentro da economía social e, en segundo lugar, proporcionar as ferramentas necesarias para transformar ideas en negocios concretos, sostibles tanto económica como socialmente.
A quen vai dirixido?
A persoas, entidades e empresas que queiran facer medrar o seu proxecto de emprendemento social:
• Persoas con proxectos de emprendemento social en fase inicial.
• Empresas sociais de recente creación ou en proceso de constitución.
Este programa desenvólvese simultaneamente en Cataluña, Galicia e Andalucía.
Priorizaranse as candidaturas procedentes de municipios de zonas rurais.
Como inscribirse?
As inscricións son gratuítas e estarán abertas ata o 30 de novembro de 2025. Para presentar a candidatura só é necesario cubrir este formulario.
Datas clave
• Período de inscricións: ata o 30 de novembro
• Entrevistas de selección: durante novembro e decembro
• Inicio do programa: xaneiro de 2026
Podedes contactar connosco a través do correo galicia@hubolympeemprende.coop para calquera dúbida ou consulta.
