martes, 7 de octubre de 2025

PROCEDEMENTO PARA RECOÑECER O DEREITO A PRÉSTAMOS DE FINANCIAMENTO DE INVESTIMENTOS E CAPITAL CIRCULANTE CON BONIFICACIÓN DE XUROS GARANTIDOS

 Consellería do Medio Rural

ORDE do 25 de setembro de 2025 pola que se regula o procedemento para recoñecer o dereito a préstamos de financiamento de investimentos e capital circulante con bonificación de xuros garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (código de procedemento MR350A).

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto regular o procedemento para recoñecer o dereito a préstamos de financiamento de investimentos e capital circulante con bonificación de xuros garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (código de procedemento MR350A), para as seguintes intervencións:
a. Intervención 68411 Axudas aos investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático, uso eficiente dos recursos naturais e benestar animal. Subintervención 68411_05 operacións IF.
b. Intervención 68412 Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias. Subintervención 68412_04 Operacións IF.
2. O procedemento de recoñecemento ao dereito a préstamos garantidos tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co artigo 79.3 do Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos nº 1305/2013 e nº 1307/2013.

Requisitos para todas as persoas destinatarias finais
1. As persoas que desexen acceder ao instrumento financeiro deberán cumprir os seguintes requisitos:
a. Ser titular/cotitular de explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto no caso de ser unha persoa agricultora moza ou nova, que estará exenta de cumprir esta condición.
b. Ter polo menos 18 anos de idade, no caso de persoas físicas.
c. Ter capacitación profesional suficiente, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012 polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas. As persoas xurídicas deberán acreditar que polo menos o 50 % das persoas socias posúe a capacitación suficiente.
d. Que a súa actividade principal sexa a agraria.
e. Dispor dunha contabilidade específica Feader.
f. Non ter recoñecido o dereito a un préstamo garantido polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 para a mesma intervención e finalidade.

Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de solicitude para todos os préstamos garantidos estará aberto permanentemente ata que se esgote o orzamento operativo incluído na Resolución do 1 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria, pola que se publica o convenio coa Xunta de Galicia e a Sociedad Anónima Estatal de Caución Agraria, S.M.E., polo que se establece o acordo de financiamento do Instrumento financeiro de xestión centralizada de garantía de carteira Feader 2023-2027.