ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
ContidosA xornada de formación práctica dixital (E-martes) que se desenvolverá o día 19 de decembro de 2023 abordará os seguintes contidos:
Parte teórica e común para os dous grupos de persoas destinatarias:
– De rexistro a rexistro electrónico: pezas clave para a Administración electrónica.
Parte práctica para o grupo do persoal empregado público:
– Chave365.
– Sede electrónica da Xunta de Galicia.
– Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro:
• Intranet (espazo dixital de referencia para o persoal da Administración autonómica).
• Aires (aplicación informática de rexistro de entradas e saídas).
• Rexel (recepción electrónica do Sistema único de rexistro).
• SIR (Sistema de interconexión de rexistros).
• Notificación por comparecencia espontánea.
• Expedición de copias electrónicas auténticas.
Parte práctica para o grupo de cidadanía:
– Chave365.
– Sede electrónica da Xunta de Galicia.
– Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro:
• eServizos.
• Servizos nas oficinas.
Notificación por comparecencia espontánea.
Expedición de copias electrónicas auténticas.
• Sistema de interconexión de rexistros (SIR).
Os dous grupos de persoas destinatarias participarán de xeito conxunto na parte teórica da formación, que na súa parte práctica se adaptará aos requirimentos específicos de cada grupo de persoas destinatarias.
Persoas destinatarias
As persoas destinatarias desta actividade son:
O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.
Desenvolvemento
Data: o martes 19 de decembro de 2023.
Horario: de mañá e tarde.
Modalidade de impartición: presencial.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Duración: 7 horas lectivas.
Quinta. Número de prazas
Cincuenta (50).
. Inscrición
1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e requisitos de selección establecidos na bases terceira e oitava respectivamente. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica», para o persoal empregado público da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional, ou «cidadanía», no caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta actividade (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e despois seleccionar en «nome do curso» a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o rexistro electrónico na Xunta de Galicia.
5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 14 de decembro de 2023.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 9.00 horas ata as 14.00 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.