lunes, 11 de diciembre de 2023

AXUDAS A TRAVÉS DO BONO DEPORTE

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

ORDE do 5 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar a través do Bono deporte, se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2024 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos deportivos (código de procedemento DE402D).

Actividade subvencionable
Por medio desta orde subvenciónase a compra de material e equipamento deportivo para o menor, así como a contratación de servizos relacionados coa práctica da actividade deportiva, entendéndose expresamente incluída entre estes servizos a cota de clubs deportivos, a través do Bono deporte e nos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos de Galicia adheridos ao programa, segundo o establecido no artigo 10 das bases reguladoras e nas condicións e datas fixadas nelas.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas do Bono deporte o pai ou nai, titor/a ou persoa que teña en acollemento familiar ou garda con fins adoptivos un menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos no momento da solicitude, federado ou inscrito no programa Xogade, e que realicen as actuacións establecidas no artigo 5 das bases reguladoras.
Cada menor xerará dereito a un único Bono deporte. Sen prexuízo de que o menor sexa titular de varias licenzas deportivas, dunha licenza e dun identificador Xogade, ou que simultanee distintas actividades deportivas, cada persoa beneficiaria disporá dun único Bono deporte por menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos, nos termos que se establecen nesta orde.
O identificador Xogade ou o número de licenza deportiva federada do menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos deberá estar emitida durante 2023, e o menor deberá continuar no programa Xogade ou ter licenza deportiva federada no momento da descarga do bono.
2. As axudas entenderanse preconcedidas coa descarga dos bonos polas persoas beneficiarias.

Data de descarga dos bonos
Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonodeporte.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 8 de xaneiro de 2024 ao 29 de febreiro dese ano. Non obstante, se antes do 29 de febreiro de 2024 se esgota o crédito máximo fixado nesta orde, nese momento finalizaría o prazo de descarga, e procederase de acordo co artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.