CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
Obxecto
Convocar, na Comunidade Autónoma de Galicia, os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (código de procedemento ED311D) correspondentes ao curso 2020/21. Esta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, está dirixida ao alumnado que destacase polo seu rendemento académico na etapa de educación secundaria obrigatoria.
Persoas beneficiarias
Alumnado que cursase durante o ano académico 2020/21 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e obtivese no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 7 de xuño de 2021 e rematará o día 6 de xullo de 2021.