viernes, 11 de junio de 2021

AXUDAS DO PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 26 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS614B).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a persoas coidadoras dentro do programa Respiro familiar para persoas coidadoras para o exercicio 2021 (código de procedemento BS614B), así como proceder á súa convocatoria.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias da subvención aquelas persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada a unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitude comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2021.
Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.