miércoles, 2 de junio de 2021

AXUDAS ECONÓMICAS PARA O ALUMNADO QUE REALIZA FORMACIÓN PRÁCTICA EN CENTROS DE TRABALLO OU FP DUAL

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 25 de maio de 2021 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

Obxecto
Convocar axudas económicas para a realización en empresas do modulo profesional de FCT e da FP dual en réxime de concorrencia non competitiva.

Persoas beneficiarias
Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio o grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP dual.

Prazo de presentación de solicitudes
Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
1. Primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2021.