AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
Finalidade
Esta resolución ten por finalidade fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para a promoción e difusión do cine a través da participación de filmes galegos en festivais e mostras de cine de prestixio nacional e internacional que se realicen fóra de Galicia, dentro do marco das competencias deste organismo, e realizar a súa convocatoria para o ano 2019.
Persoas beneficiarias
1. Poderán optar a estas axudas as persoas físicas e xurídicas, dedicadas profesionalmente á actividade de creación e produción no ámbito audiovisual galego, que leven a cabo algunha das actividades descritas como subvencionables.
Só poderán participar nesta convocatoria aquela persoas físicas ou xurídicas que teñan unha participación igual ou superior ao 20 % do proxecto audiovisual. En canto á participación de entidades produtoras, será preciso que a empresa estea dada de alta no IAE na epígrafe 96.1.1.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes para os eventos que xa tiveron lugar será dun mes desde o día seguinte á publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Para os que teñan lugar con posterioridade á publicación da presente convocatoria, será dun mes contado desde que se produza a comunicación oficial por parte do festival da selección da obra e, en calquera caso, non poderá exceder o 15 de novembro de 2019.