miércoles, 24 de mayo de 2017

SUBVENCIÓNS ÁS PERSOAS ADQUIRENTES, ADXUDICATARIAS OU PROMOTORAS INDIVIDUAIS PARA USO PROPIO DE VIVENDA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Finalidade
Esta orde ten por obxecto convocar para a anualidade 2017, a través dun procedemento en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións destinadas a afrontar os gastos derivados da adquisición, da adxudicación ou da promoción individual de vivenda para uso propio, por parte de persoas que obtivesen financiamento cualificado do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012 (código de procedemento VI435A).
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas físicas:
a) As adquirentes de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral.
b) As adquirentes de vivendas libres de prezo limitado, así como de vivendas usadas.
c) As adxudicatarias de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral promovidas en réxime de cooperativa.
d) As promotoras individuais para uso propio de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral.
2. En todo caso, será requisito necesario que as persoas beneficiarias estean acollidas ao sistema de financiamento para o primeiro acceso á vivenda en propiedade do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012, así como ter formalizado un préstamo convido entre o 6 de novembro de 2009 e o 31 de decembro de 2012, e ademais:
a) No caso de persoas adquirentes ou adxudicatarias, que conten coa escritura pública de compravenda ou adxudicación inscrita no Rexistro da Propiedade, onde conste, separadamente, o prezo da vivenda e de cada un dos anexos, se os tiver.
b) Cando se trate de persoas promotoras individuais para uso propio de vivenda protexida, que conten coa resolución de cualificación definitiva da vivenda.
3. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións aquelas en que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e tampouco aquelas que obtivesen con anterioridade as mesmas axudas que se convocan nesta orde.
4. As circunstancias persoais da persoa solicitante e da súa unidade familiar que se terán en conta para resolver sobre estas subvencións serán as acreditadas no expediente polo cal se outorgou o financiamento estatal, así como as acreditadas na documentación indicada no artigo 8 desta orde.
Para a tramitación destas solicitudes terase en conta a documentación xa presentada polas persoas solicitantes na súa solicitude de financiamento estatal, sen que sexa preciso volver a achegala.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.