lunes, 15 de mayo de 2017

PROGRAMA DESEÑANDO O TEU FUTURO

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 3 de de maio de 2017 pola que se establecen as bases do programa Deseñando o teu futuro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Obxecto
A finalidade das axudas é financiar os proxectos dirixidos a que os mozos e as mozas entre 14 e 18 anos realicen estadías-visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas/entidades públicas ou privadas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos de que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.
O período do proxecto será de dous meses e terá como data límite de realización o 15 de novembro de 2017.
A duración das estadías-visitas será entre 5 e 15 días hábiles. As xornadas diarias nas empresas/entidades públicas o privadas serán de 4 horas como mínimo.
O número de mozos/as participantes non poderá ser superior a 15.
Beneficiarios
A) Entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia, que presten servizos á mocidade, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das entidades que as conforman.
B) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Outros datos
Todas as entidades sen ánimo de lucro, concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades ás cales se lles conceda a axuda recibirán un anticipo do 80 % sobre o total da cantidade concedida, se así o solicitan.
Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia e efectúase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.