lunes, 22 de mayo de 2017

SUBVENCIÓN PARA FACILITAR A REINSERCIÓN LABORAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e a convocatoria pública, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, do procedemento de concesión directa da subvención especial (TR361A) e da contía adicional (TR361B) previstas no Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo, modificado polo Real decreto 1783/2011, do 16 de decembro.
Persoas beneficiarias
Serán persoas beneficiarias da subvención especial e/ou contía adicional, recollidas nesta orde, as persoas traballadoras afectadas polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, ou 25/2001, do 31 de xullo, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter 52 ou máis anos.
b) Estar desempregado, non ocupado e inscrito como demandante de emprego nas oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.
c) Non ter dereito ao gozo da prestación por desemprego de nivel contributivo ou, en caso de ter dereito a esta, tela esgotada.
d) Para a percepción da contía adicional, ter subscrito o convenio especial coa Seguridade Social que se regula no artigo 5 bis do citado Real decreto 196/2010.
Serán persoas beneficiarias as persoas traballadoras que, cumprindo os requisitos do número 1 anterior e os demais establecidos nesta orde, permanezan en situación de desemprego desde a extinción dos seus contratos polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo. Así mesmo, poderanse beneficiar das ditas subvencións as persoas traballadoras que, con posterioridade aos citados expedientes de regulación de emprego, realizasen traballos por conta allea ou por conta propia e se producise a extinción do traballo por conta allea ou o cesamento da actividade por conta propia, con anterioridade ao 28 de febreiro de 2010 ou con posterioridade á dita data, e quedasen en situación de desemprego. Se a causa da finalización da actividade por conta propia ou allea fose por vontade da persoa traballadora, aplicarase, de ser o caso, o previsto no parágrafo seguinte.
Non se terá dereito á subvención no suposto de que a persoa traballadora extinguise o seu contrato por conta allea ou cesase na súa actividade por conta propia, por vontade propia sen causa xustificada no prazo dos tres meses anteriores ao 28 de febreiro de 2010 ou con posterioridade á dita data.
Cando a persoa solicitante reúna os requisitos indicados no punto 1, agás a letra c), e estea a percibir a prestación contributiva por desemprego, o dereito ao gozo das axudas recollidas na presente orde comezará a partir do día seguinte á extinción da citada prestación.
Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
Dous meses desde que se cumpran os requisitos establecidos nesta orde. Orde de prazo aberto.