lunes, 1 de junio de 2015

AXUDAS PARA AGRICULTORES MEMBROS DE AGRUPACIÓNS DE DEFENSA FITOSANITARIA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2015 das axudas para agricultores membros de agrupacións de defensa fitosanitaria.
Beneficiarios e principios de concesión
1. Poderán acollerse a esta axuda os/as agricultores/as que desenvolvan a súa actividade nos sectores de produción de horta, froiteira e/ou vide, que estean inscritos no Rexistro de Explotacións Agrarias, segundo o Decreto 253/2008, do 30 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, e que pertenzan a unha ADF, sexa ou non entidade colaboradora, e empreguen os seus servizos para o desenvolvemento dun programa de defensa fitosanitaria.
2. Acreditarán a súa actividade agraria mediante o seu correspondente código de explotación agraria (CEA) e/ou código de explotación vitícola (CODEV).
3. Se un/unha agricultor/a pertencese a varias agrupacións só poderá obter subvención pola súa pertenza a unha delas.
4. Deberá cumprirse cos requisitos establecidos no Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352/9, do 24 de decembro), que no seu artigo 1. Ámbito de aplicación, número 1, determina que se aplicará ás axudas concedidas ás empresas dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas, coa excepción:
a) Das axudas cuxo importe se fixe sobre a base do prezo ou a cantidade dos produtos comercializados.
b) Das axudas a actividades relacionadas coa exportación a terceiros países ou Estados membros, en concreto as axudas directamente vinculadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e a explotación dunha rede de distribución ou a outros gastos correntes relacionados coa actividade exportadora.
c) As axudas condicionadas á utilización de produtos nacionais en lugar de importados.
Tramitación e resolución
1. O órgano de instrución de ambos os dous procedementos, MR445B e MR445C, será a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.
2. A conselleira do Medio Rural e do Mar resolverá sobre as solicitudes presentadas no prazo de cinco meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde, por proposta do órgano instrutor do procedemento, logo da avaliación das solicitudes por un órgano colexiado, presidido polo subdirector xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias, con competencias na materia e integrado por tres funcionarios desa mesma subdirección xeral con categoría non inferior a xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario.
3. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.
4. Resolveranse favorablemente todas as solicitudes de axuda (procedemento MR445B) que cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 e no artigo 6 desta orde, así como as solicitudes de recoñecemento de entidade colaboradora (procedemento MR445C) que cumpran os requisitos establecidos no artigo 5.
5. No caso de que se supere o crédito destinado a estas axudas, o órgano competente procederá ao rateo da axuda entre os beneficiarios da subvención, segundo se establece no artigo 19.3 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia.
6. Despois da notificación das axudas aos beneficiarios, estes disporán dun prazo de dez días para a aceptación da axuda, e entenderase que, en caso de non facerse comunicación ningunha por parte do beneficiario, se considerará tacitamente aceptada.
7. Tanto na resolución como na notificación farase constar expresamente a suxeición destas axudas ao Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352/9, do 24 de decembro), segundo o establecido no seu artigo 6, e coa referencia da súa publicación no Diario Oficial de la Unión Europea.