jueves, 28 de mayo de 2015

SUBVENCIÓN AO ASOCIACIONISMO PROFESIONAL NO ÁMBITO DAS INDUSTRIAS CULTURAIS E SE CONVOCAN PARA O ANO 2015

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Obxecto
1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para a potenciación do asociacionismo profesional no ámbito das industrias culturais, con domicilio, sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ou de calquera organismo dependente.
3. Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo da actividade subvencionada.
4. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
Beneficiarios da subvención. Requisitos
1. Poden solicitar a subvencións as entidades e asociacións profesionais representativas das empresas e profesionais no sector das industrias culturais que acrediten os seguintes requisitos:
– Ausencia de ánimo de lucro.
– Ter social ou estatutariamente como obxecto social a promoción de produtos culturais, en todas as súas modalidades, para a defensa dos intereses das empresas e profesionais destes ámbitos.
– Sede ou domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito de actuación autonómico.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.
Prazo de presentación das solicitudes: ata o 28 de xuño de 2015.