lunes, 11 de mayo de 2015

OFERTA DE EMPREGO DE 6 AXENTES DE TITORÍA E DINAMIZACIÓN EMPRESARIAL E 6 AXUDANTES DE AXENTES DE ACTIVIDADES DE TITORÍA E DINAMIZACIÓN EMPRESARIAL


OBXECTO DA CONVOCATORIA.-
Estas bases teñen como finalidade a determinación do sistema, procedemento e baremo que se aplicará na
selección dun grupo de traballo composto polos seguintes postos:
• 6 Axentes de Titoría e Dinamización Empresarial, dentro do Programa de Fomento do Emprego e a Economía dos sectores estratéxicos da provincia de Lugo, na Area de Emprego, Economía Sostible e Demografía.
• 6 Axudantes de Axentes de actividades de Titoría e Dinamización Empresarial. dentro do Programa de Fomento do Emprego e a Economía dos sectores estratéxicos da provincia de Lugo, na Área de Emprego, Economía Sostible e Demografía.
A convocatoria e as Bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP), no Taboleiro de Anuncios da Entidade e na páxina web www.deputacionlugo.org
 FUNCIÓNS DOS POSTOS QUE SE CONVOCAN:
Os traballadores que resulten seleccionados realizarán, esencialmente, as seguintes funcións:
• Axentes de Titoría e Dinamización Empresarial: Realización labores de titoría, asesoramento e asistencia continuada e específica, ás empresas da provincia, dentro do Programa de Fomento do Emprego e a Economía dos sectores estratéxicos da provincia de Lugo
• Axudantes de Axentes de actividades de Titoría e Dinamización Empresarial Colaborar cos Axentes de Titoría e Dinamización Empresarial, nas labores que estes realicen, prestando o apoio e asistencia necesaria para lavar adiante as actividades de titoría e dinamización empresarial. 
REQUISITOS XERAIS QUE DEBEN CUMPRIR OS ASPIRANTES
Os aspirantes deberán manifestar que reúnen os requisitos que seguidamente se sinalan na data de remate do prazo de presentación de instancias e que están en condicións de acreditalos, unha vez superado o proceso selectivo, antes de que se dite resolución de nomeamento, agás no suposto de compatibilidade, que é suficiente a acreditación antes do inicio da relación de servizo.
a) Ter nacionalidade española, ou ter nacionalidade doutro Estado sempre que se cumpran os requisitos do
artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza á que aspira.
c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e) Posuír o a Titulación académica esixida na base 6
f) No caso de Titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
g) Cumprir, no momento da toma de posesión, os requisitos esixidos na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
Os aspirantes que viñeran desempeñando unha actividade pública ou privada, deberán solicitar o recoñecemento de compatibilidade unha vez que o Tribunal formalice a toma de posesión. De non ser compatible a actividade que viñeran desenvolvendo coa relación de servizo á Deputación, os aspirantes seleccionados comprométense a renunciar á mencionada actividade.
a) Ter ingresado na Tesourería da Deputación ou na conta bancaria ES04-2080-0163-85-3110000423 de
Abanca a cantidade fixada como taxa por participación en procedementos selectivos.
REQUISITOS ESPECÍFICOS DOS ASPIRANTES.
6 Axentes de Titoría e Dinamización Empresarial.
O nivel mínimo de titulación: Titulo de Diplomado Universitario ou Equivalente Grupo A, Subgrupo A2
6 Axudantes de Axentes de actividades de Titoría e Dinamización Empresarial.
Nivel mínimo de titulación: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente. Grupo C, Subgrupo C2
Os nomeamentos como persoal interino realizarase con encadramento no subgrupo A2 ou C2, con independencia da titulación que acredite cada un dos aspirantes seleccionados. 
Prazo de solicitude: ata o 19 de maio de 2015