jueves, 14 de mayo de 2015

OFERTA DE EMPREGO PARA PERSOAL DE EMBARCACIÓNS TURÍSTICAS

SOCIEDAD URBANÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO, S.A. – SUPLUSA

BASES ESPECÍFICAS PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL DE EMBARCACIÓNS TURÍSTICAS POR A SOCIEDAD URBANÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO, S.A.

Obxecto:A presente convocatoria ten por obxecto a selección do persoal que prestará os seus servizos nas
embarcacións turísticas xestionadas pola Sociedad Urbanística Provincial de Lugo, S.A. (SUPLUSA), nas augas interiores da provincia de Lugo e durante a tempada de verán, que abarcará dende o primeiro de xuño ata o trinta de setembro do ano 2015.
As prazas obxecto desta convocatoria serán as seguintes:
- CATRO PRAZAS DE PILOTO DE EMBARCACIÓN: Encargado do manexo e seguridade da embarcación, así como do mantemento dos motores e da embarcación en xeral.
- CATRO PRAZAS DE MARIÑEIRO/A DE EMBARCACIÓN: Encargado da axuda na manobra de saída e entrada da embarcación, seguindo as instrucións e mandatos do piloto, así coma a limpeza da embarcación, incluíndo aseos, compartimentos de motor, sentinas e obra morta. Limpeza do pantalan, accesos e entorno das instalacións, incluíndo a lámina de auga accesible dende a embarcación, pantalan ou ribeira. Igualmente en substitución ou colaboración coa azafata da embarcación, será o responsable da coordinación, recepción, asistencia, orientación e información do pasaxe, así coma da xestión e venta dos tíckets
- CINCO PRAZAS DE AZAFATA/O DE EMBARCACIÓN: Encargado da xestión e venta de tíckets, coordinación, recepción, asistencia, orientación e información do pasaxe, así coma da limpeza da embarcación, incluíndo os compartimentos do motor, sentinas e obra morta da mesma. Limpeza do pantalan, accesos e entorno das instalacións, incluíndo a lámina de auga accesible dende a embarcación, pantalan ou ribeira. Axuda o mariñeiro e o piloto na manobra de saída e o atraque da embarcación.
Requistitos dos aspirantes: Os aspirantes deberán manifestar que reúnen os requisitos que seguidamente se sinalan na data de finalización do prazo de presentación de instancias e que están en condicións de acreditalos, una vez superada a proba selectiva, antes de que se dite a resolución de nomeamento a favor dos aspirantes que sexan seleccionados, agás no suposto de compatibilidade que é suficiente a acreditación antes do inicio da relación de servizo.
Requisitos Xerais
a) Ter nacionalidade española, ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea ou dos nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados
internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexan de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte anos ou maiores da dita idade dependentes.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza á que se aspira.
c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d) Posuír a titulación académica esixida no punto 2.2 destas bases para ingresar na praza á que se aspira. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
e) Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a
lexislación vixente.
Requisitos Específicos.
- PILOTO DE EMBARCACIÓN: Será necesario estar en posesión dalgún dos títulos profesionais da Mariña Mercante que habiliten para o transporte de pasaxeiros, sendo necesario, como mínimo, o título de Patrón Portuario da Mariña Mercante.
- MARIÑEIRO/A DE EMBARCACIÓN: Será necesario estar en posesión do título de EXB ou ESO.
- AZAFATA/O DE EMBARCACIÓN: Será necesario estar en posesión do título de EXB ou ESO. 
Prazo de solicitude: O prazo de presentación de solicitudes rematará ós sete días naturais, contados a partir do seguinte á publicación das bases desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Se o último día fose sábado ou festivo, o prazo rematará o día seguinte hábil.
Lugar de solicitude: As solicitudes presentaranse no Rexistro da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, S.A. con domicilio na rúa San Marcos nº11-2º-27.001-LUGO, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través das formas establecidas no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos, deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo empregado do Servizo de Correos antes de seren certificadas.