lunes, 7 de noviembre de 2022

FESTAS LABORAIS DE CARÁCTER LOCAL PARA 2023

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2023 correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Nogais (As): 21 de febreiro, Martes de Entroido, 4 de agosto, festa do Emigrante.

SUBVENCIÓNS Á MODERNIZACIÓN E XESTIÓN SUSTENTABLE DAS INFRAESTRUTURAS DAS ARTES ESCÉNICA E MUSICAIS PARA 2023

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento UE 2021/241, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404E).

Finalidade
Estas axudas están destinadas a cubrir o investimento dedicado á transición verde e transformación dos espazos escénicos e musicais que impulsen un crecemento intelixente e sustentable da súa xestión.

Persoas beneficiarias
Establécense dúas categorías de entidades beneficiarias desta convocatoria:
Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas titulares, arrendatarias ou posuidoras de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e/ou musicais abertos ao público, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.
Categoría 2. As entidades públicas que integran a Administración local, de conformidade co disposto no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e os seus organismos dependentes titulares, arrendatarios ou posuidores de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e musicais abertos ao público situados en Galicia, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
2. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reúnen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirida para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS XEMPRE EMPRENDEMENTO 2022

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 2 de novembro de 2022 pola que se modifica parcialmente a Orde do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións Xempre Emprendemento para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2022 (código de procedemento TR880A).

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS 2022 A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, CONFEDERACIÓNS, FEDERACIÓNS OU UNIÓNS DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DE GALICIA, COMUNIDADES DE USUARIOS DE AUGAS E ASOCIACIÓNS DE MULLERES RURAIS DE GALICIA

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

ORDE do 2 de novembro de 2022 pola que se modifica o artigo 15 da Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 9, do 14 de xaneiro de 2022).


viernes, 4 de noviembre de 2022

INFORMACION XUVENIL: SAMANA DO 31 DE OUTUBRO AO 4 DE NOVEMBRO


 

A Xunta recoñece os mellores traballos en fotografía e artes plásticas do Xuventude Crea 2022

 

PREMIOS DE FOTOGRAFÍA DE XUVENTUDE CREA

 

 

 

 

PREMIOS DE COCIÑA DE XUVENTUDE CREA

 

 

 



 

 

Axudas á mocidade para a compra de vivenda

 

AXUDAS PARA A COMPRA DE VIVENDA

 

 

 

Guía de saídas profesionais do programa Ciencia e Tecnoloxía en feminino

 

GUÍA DE SAÍDAS PROFESIONAIS DE CIENCIA E TECNOLOXÍA EN FEMININO

 

 

Mozos e Mozas observadores/as de Horizon Europe

 

HORIZON EUROPE

 

 

 

 

 



 

 

OUTONO XOVE NOS ESPAZOS

 

 

 

 

 



 

 

 

BOLSAS NO INSTITUTO EUROPEO DE FLORENCIA

 

 

Axudas para promover o acceso ao emprego público das persoas con discapacidade

 

BOLSAS PARA PREPARAR OPOSICIÓNS

 

 

Máster no estranxeiro

 

ESTUDAR UN MÁSTER NO ESTRANXEIRO

 

 

Estudos de MBA no estranxeiro

 

ESTUDOS MBA NO ESTRANXEIRO

 

 

600 bolsas de Google a través do proxecto Lanzadeira  WiT

LANZADEIRA WIT



Prácticas en Walt Disney Company

PRÁCTICAS EN WALT DISNEY

Prácticas no CDR

 

PRÁCTICAS NO CDR

 

 

 

 



 

 

 

 

DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

 

 

Subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais

 

MODERNIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS ESCÉNICAS

 

 

 

 

 



 

 

 

Curso Monitor/a de Ocio e Tempo Libre en Brión

 

CURSO DE MONITOR/A TEMPO LIBRE EN BRIÓN

 

 

 

 

 



 

 

 

Committed by nature, join us!

 

COMMITTED BY NATURE, JOIN US!

 

 

 

 

 


 


 

V Certame de Podcasts o Vello dos Contos

 

PODCAST O VELLO DOS CONTOS

 

 

Art Emergent Sabadell

 

ART EMERGENT SABADELL

 

 

 

Desafío á mocidade emprendedora

 

DESAFÍO Á MOCIDADE EMPRENDEDORA

 

 

YOUTUBEIRAS

 

 

Concurso de Fotografía "Brindar unha luz á mocidade con discapacidade"

 

BRINDAR UNHA LUZ Á MOCIDADE CON DISCAPACIDADE

 

 

 

EUROPE DIRECT

 

 

 

 



 

OFERTAS DE EMPREGO

 


MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS A EMPRESAS ILLADAS EN ZONAS RURAIS PARA A CONTRATACION DE SERVIZOS DE BANDA LARGA ULTRARRÁPIDA

 AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 9 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR604A).

AXUDAS PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE INTERESE AGRARIO

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 24 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para realizar actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR321A).

Obxecto
A finalidade das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras é a realización de actividades de representación e de formación dos asociados das organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias legalmente constituídas e con implantación en Galicia e dos agricultores galegos en xeral.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde as seguintes entidades:
1. As organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas en Galicia que concorreron ás eleccións ás cámaras agrarias que tiveron lugar o 26 de maio de 2002, segundo o recollido na disposición transitoria única da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego.
2. As asociacións agrarias, con ámbito de actuación provincial ou autonómico, legalmente constituídas de acordo coa Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, con código de actividade «811 Agricultura, gandaría, silvicultura, caza, pesca», de acordo co Real decreto 949/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.