jueves, 6 de agosto de 2026

BOLSAS SANTANDER EXCELENCIA ACADÉMICA ESTUDOS DE DOUTORAMENTO NA UNIVERSIDADE DE VIGO CURSO 2025/26

 Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 30 de xullo de 2026 pola que se convocan as bolsas Santander axuda económica 2026-premios á excelencia académica para o estudantado que iniciou estudos de doutoramento nesta universidade no curso 2025/26.

Obxecto
Captar estudantado con talento e garantir o acceso universal á educación pública universitaria atendendo de maneira especial o novo estudantado da Universidade de Vigo que está a realizar no curso académico 2025/26 estudos oficiais de doutoramento e que destaca particularmente por unha traxectoria académica de excelencia nos estudos previos aos de doutoramento.

Persoas beneficiarias
Alumnado matriculado por primeira vez en estudos de doutoramento da Universidade de Vigo no curso académico 2025/26.

Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 31 de xullo ata o 15 de outubro de 2026