martes, 11 de agosto de 2026

PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR PARA PERSOAS COIDADORAS 2026

 Consellería de Política Social e Igualdade

ORDE do 31 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS614B).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a persoas coidadoras dentro do programa Respiro familiar para persoas coidadoras para o exercicio 2026 (código de procedemento BS614B), así como realizar a súa convocatoria.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa aquelas persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante un informe médico e social.

Requisitos para acceder á subvención
1. Para que a persoa coidadora sexa beneficiaria da subvención, é necesario que concorran os seguintes requisitos:
a) Que a persoa coidadora solicitante da subvención e a persoa ou persoas que atenda sexan residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que a persoa atendida se encontre nalgunha das seguintes situacións:
1º. Que presente unha discapacidade física, psíquica ou mental e necesite axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e que teña recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %.
2º. Que teña recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente nos graos II ou III.
3º. Que, no caso de non encontrarse nas situacións enumeradas nos ordinais anteriores, presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante un informe médico e social.
2. Ademais, as persoas coidadoras, para seren beneficiarias da subvención, teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 15 de outubro de 2026.
Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.