Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar en réxime de concorrencia non competitiva as axudas extraordinarias destinadas a paliar a situación de necesidade derivada da perda temporal ou definitiva das condicións de habitabilidade da residencia habitual das persoas galegas residentes en Venezuela afectadas polos terremotos ocorridos o 24 de xuño de 2026 (código de procedemento EM900A).
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas que, reunindo os requisitos previstos neste artigo, como consecuencia dos terremotos ocorridos o 24 de xuño de 2026 se atopen nunha situación de necesidade derivada da perda temporal ou definitiva das condicións de habitabilidade da súa vivenda habitual:
1. As persoas emigrantes nacidas en Galicia e residentes en Venezuela.
2. Os/as fillos/as daquelas que residan en Venezuela sempre que teñan a nacionalidade española e se atopen vinculados/as con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no exterior (PERE).
3. Os/as descendentes de emigrantes galegos ata o segundo grao por consanguinidade que teñan a nacionalidade española e se atopen vinculados/as con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no exterior (PERE).
Unicamente poderá presentarse unha solicitude por vivenda afectada.
Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o día de inicio do prazo fose inhábil, comezará o día hábil seguinte.
2. O prazo rematará o 1 de decembro de 2026.