viernes, 7 de agosto de 2026

BOLSAS DE FORMACIÓN EN UNIDADES E ÁREAS DIRIXIDAS AO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA O CURSO 2026/27

 Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 31 de xullo de 2026 pola que se convocan bolsas de formación en unidades e áreas dirixidas ao estudantado desta universidade para o curso 2026/27.

Obxecto
Desenvolver programas formativos conxuntos coas empresas e coas institucións que melloren a empregabilidade do estudantado, a través do fomento dunha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación en que se matricula.

Persoas beneficiarias
Estudantado que está matriculado en centros propios no curso 2026/27 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións oficiais de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II, no campus en que se opta á bolsa.

Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 3 de agosto ata o 10 de setembro de 2026.