viernes, 4 de noviembre de 2022

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS PARA O SECTOR EDITORIAL GALEGO 2022

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 25 de outubro de 2022 pola que se amplía o prazo de xustificación da Orde do 16 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2022, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT238A).

AMPLIACIÓN PRAZO EXECUCIÓN E XUSTIFICACIÓN SUBVENCIÓNS PARA INVESTIMENTO EN MELLORA DA CALIDADE DE ALBERGUES TURÍSTICOS

 AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2022 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación previstos na Resolución do 1 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para investimentos en mellora da calidade dos albergues turísticos financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TU960B).

SUBVENCIÓNS PARA CONCESIÓN DIRECTA DE BOLSAS E AXUDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS DE FP PARA O EMPREGO 2022 E 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 24 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2022 e 2023 (código de procedemento TR301V).

Obxecto e ámbito de aplicación
1. Esta orde ten por obxecto regular o réxime da concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas no marco da formación profesional para o emprego financiadas pola referida consellería, código de procedemento TR301V, coa excepción da formación incluída en programas integrados de emprego, obradoiros de emprego e accións formativas financiadas con fondos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia.
2. Por medio desta orde convócanse as ditas subvencións, referidas ás accións formativas que se inicien no período comprendido entre o 1 de novembro de 2022, día da entrada en vigor desta orde, e o 31 de outubro de 2023 (ambos incluídos).

Persoas beneficiarias
1. Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto desta convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas no marco da formación profesional para o emprego financiadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, coa excepción da formación incluída en programas integrados de emprego, obradoiros de emprego e accións formativas financiadas con fondos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia, e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde, así como os particulares establecidos nos artigos que se refiren a cada tipo de bolsa ou axuda.
2. Terán a consideración de persoas traballadoras desempregadas aquelas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e con situación laboral como non ocupadas, na data de inicio da acción formativa ou no momento da súa incorporación á acción formativa.
Tamén poderán obter a condición de beneficiarias as persoas traballadoras que, tendo a condición laboral de ocupadas no momento da súa incorporación á acción formativa, nos supostos en que estea permitida a participación de persoas traballadoras ocupadas, adquiran a condición de persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia durante o período de desenvolvemento da acción formativa.
Neste caso, só terán dereito a percibir as axudas que lles poidan corresponder desde o primeiro día do mes seguinte a aquel en que adquiran a condición de persoa desempregada. No suposto de que desapareza o feito causante, perderase o dereito a percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte a aquel en que teña lugar esta situación.
A persoa beneficiaria débese comprometer a manter os requisitos que lle permiten o acceso á subvención durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito, de tal maneira que, se deixa de cumprilos, estará obrigada a comunicalo por escrito ao órgano competente para resolver, no prazo de cinco días hábiles desde que se produza tal circunstancia.
3. Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación das solicitudes
A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito.

SUBVENCIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DE AXENTES DE EMPREGO E UNIDADES DE APOIO 2022 NO ÁMBITO DE COLABORACIÓN COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 17 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento TR352B).

Obxecto
Financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais, a través da concesión de axudas e subvencións para a contratación ou prórroga da contratación concedida na convocatoria do ano 2021 de axentes de emprego e unidades de apoio (procedemento TR352B), que colaborarán na implantación das políticas activas de emprego e na realización de funcións relacionadas coa dinamización e coa creación de emprego no ámbito das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social.

Entidades beneficiarias
Entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais que establezan accións específicas de conformidade cos seus estatutos para a inserción, preferentemente, das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social, sempre que non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN VINCULADA AOS PROGRAMAS DE EMPREGO REGULADOS NAS ORDES DO 27 DE DECEMBRO DE 2019 E DO 31 DE DECEMBRO DE 2020 PARA PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 3 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación vinculada aos programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo FSE, programa operativo de emprego xuvenil, e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento TR349L).

2ª CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2022 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (código de procedemento PR949A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar a segunda convocatoria do ano 2022 de subvencións da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (código de procedemento PR949A).

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta orde os clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas.

Prazo para presentar as solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 3 de noviembre de 2022

INFORMACION XUVENIL: SEMANA DO 21 AO 30 DE OUTUBRO






Outono Xove 2022: Actividades de fin de semana para a mocidade de 14 a 30 anos

 

 

XA ESTÁ AQUÍ O OUTONO XOVE !!!   para a Mocidade de 14 a 30 anos

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 



 

VOTA A LUG2 PARA UNHA MAIOR ACCESIBILIDAD

 

____________________________________________________________________________________________________________

Premios Galicia de Acción Voluntaria  

PREMIOS GALICIA DE ACCIÓN VOLUNTARIA

 

____________________________________________________________________________ 

 

Liga Xunta de Galicia de Break 

 

LIGA XUNTA DE GALICIA DE BREAK   Ainda estás a tempo de inscribirte

 

____________________________________________________________________________ 

 


Finais de Xuventude Crea na modalidade de Teatro

 

FINAIS DE TEATRO DE XUVENTUDE CREA

 

 

 


 

Arde a Ribeira Sacra de Adra Pallón  

 

PREMIOS INJUVE DE XORNALISMO

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Xornadas de cómic do Injuve   

 

XORNADAS DE CÓMICS

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

   

 

TALENTIA SUMMIT 22

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Protexe as túas redes sociais

 

OFICINA DE SEGURIDADE DO INTERNAUTA

 

 


 

Obradoiro de tearo no Espazo Xove de Ourense

 

TEATRO EN OURENSE

 



Actividades para a mocidade en Oleiros 

 

ACTIVIDADES EN OLEIROS

 

 



 

Boletín de bolsas, axudas e subvencións 

 

BOLETIN QUINCENAL DE BOLSAS

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Boletín de Prácticas na Unión Europea 

 

BOLETÍN PARA FACER PRÁCTICAS EN EUROPA

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Bolsas para realizar investigación predoutoral en Estados Unidos   

 

BOLSAS PARA DOUTORADO EN EE.UU.

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

 

 

BOLSAS NO MUSEO RAIÑA SOFÍA

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Work in Tech by Fad 

 

BOLSAS WORK IN TECH

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Bolsas para teses doutorais 

 

BOLSAS PARA TESES DOUTORAIS

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

BOLSA PARA VIAXAR AO ESTRANXEIRO

 

 

 




Bono activa comercio  

 

BONOS ACTIVA COMERCIO

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Queres comprar unha bicicleta eléctrica?   

 

BICICLETAS ELÉCTRICAS

 

___________________________________________________________________________________________________________

 

 

Axudas para a contratación de persoas mozas inscritas en Garantía Xuvenil

CONTRATACIÓN DE MOCIDADE EN GARANTÍA XUVENIL

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

Axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas

 

PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES FORMATIVAS

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Subvencións para a contratación de axentes de emprego

 

CONTRATACIÓN DE AXENTES DE EMPREGO

  

Seminario de Fotografía. Raniero Fernández e a Fotografía Galega   

 SEMINARIO DE FOTOGRAFIA

 ____________________________________________________________________________________________________________

 Talleres de Nadal ao CGAC para os máis cativos

 TALLERES DE NADAL NO CGAC

 

 


  

 

 

CARTEL DA FESTAS DA LAMPREA

 ___________________________________________________________________________________________________________

 

  

 CONCURSO DE MICRORELATOS

 ____________________________________________________________________________________________________________

 

II concurso de curtametraxes contra a violencia de xénero “Curta coa violencia”  

 CURTAMETRAXES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 ____________________________________________________________________________________________________________

 Concurso para elaborar a exposición sobre Francisco Fernández del Riego

 

CONCURSO DA EXPOSICIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 ____________________________________________________________________________________________________________

 

XVI Certame Internacional de Relato Breve sobre Vida Universitaria  

 RELATOS SOBRE A VIDA UNIVERSITARIA

 ____________________________________________________________________________________________________________

  

X Certame GastroUNED: Literatura e Gastronomía  

 

GASTROUNED

 ____________________________________________________________________________________________________________

Certame de Fotografía Agrícola

 CERTAME DE FOTOGRAFÍA AGRÍCOLA

 

 


 

 


     OFERTAS DE EMPREGO