viernes, 4 de noviembre de 2022

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN VINCULADA AOS PROGRAMAS DE EMPREGO REGULADOS NAS ORDES DO 27 DE DECEMBRO DE 2019 E DO 31 DE DECEMBRO DE 2020 PARA PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 3 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación vinculada aos programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo FSE, programa operativo de emprego xuvenil, e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento TR349L).

2ª CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2022 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (código de procedemento PR949A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar a segunda convocatoria do ano 2022 de subvencións da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (código de procedemento PR949A).

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta orde os clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas.

Prazo para presentar as solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 3 de noviembre de 2022

INFORMACION XUVENIL: SEMANA DO 21 AO 30 DE OUTUBRO






Outono Xove 2022: Actividades de fin de semana para a mocidade de 14 a 30 anos

 

 

XA ESTÁ AQUÍ O OUTONO XOVE !!!   para a Mocidade de 14 a 30 anos

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 



 

VOTA A LUG2 PARA UNHA MAIOR ACCESIBILIDAD

 

____________________________________________________________________________________________________________

Premios Galicia de Acción Voluntaria  

PREMIOS GALICIA DE ACCIÓN VOLUNTARIA

 

____________________________________________________________________________ 

 

Liga Xunta de Galicia de Break 

 

LIGA XUNTA DE GALICIA DE BREAK   Ainda estás a tempo de inscribirte

 

____________________________________________________________________________ 

 


Finais de Xuventude Crea na modalidade de Teatro

 

FINAIS DE TEATRO DE XUVENTUDE CREA

 

 

 


 

Arde a Ribeira Sacra de Adra Pallón  

 

PREMIOS INJUVE DE XORNALISMO

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Xornadas de cómic do Injuve   

 

XORNADAS DE CÓMICS

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

   

 

TALENTIA SUMMIT 22

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Protexe as túas redes sociais

 

OFICINA DE SEGURIDADE DO INTERNAUTA

 

 


 

Obradoiro de tearo no Espazo Xove de Ourense

 

TEATRO EN OURENSE

 



Actividades para a mocidade en Oleiros 

 

ACTIVIDADES EN OLEIROS

 

 



 

Boletín de bolsas, axudas e subvencións 

 

BOLETIN QUINCENAL DE BOLSAS

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Boletín de Prácticas na Unión Europea 

 

BOLETÍN PARA FACER PRÁCTICAS EN EUROPA

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Bolsas para realizar investigación predoutoral en Estados Unidos   

 

BOLSAS PARA DOUTORADO EN EE.UU.

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

 

 

BOLSAS NO MUSEO RAIÑA SOFÍA

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Work in Tech by Fad 

 

BOLSAS WORK IN TECH

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Bolsas para teses doutorais 

 

BOLSAS PARA TESES DOUTORAIS

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

BOLSA PARA VIAXAR AO ESTRANXEIRO

 

 

 




Bono activa comercio  

 

BONOS ACTIVA COMERCIO

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Queres comprar unha bicicleta eléctrica?   

 

BICICLETAS ELÉCTRICAS

 

___________________________________________________________________________________________________________

 

 

Axudas para a contratación de persoas mozas inscritas en Garantía Xuvenil

CONTRATACIÓN DE MOCIDADE EN GARANTÍA XUVENIL

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

Axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas

 

PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES FORMATIVAS

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Subvencións para a contratación de axentes de emprego

 

CONTRATACIÓN DE AXENTES DE EMPREGO

  

Seminario de Fotografía. Raniero Fernández e a Fotografía Galega   

 SEMINARIO DE FOTOGRAFIA

 ____________________________________________________________________________________________________________

 Talleres de Nadal ao CGAC para os máis cativos

 TALLERES DE NADAL NO CGAC

 

 


  

 

 

CARTEL DA FESTAS DA LAMPREA

 ___________________________________________________________________________________________________________

 

  

 CONCURSO DE MICRORELATOS

 ____________________________________________________________________________________________________________

 

II concurso de curtametraxes contra a violencia de xénero “Curta coa violencia”  

 CURTAMETRAXES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 ____________________________________________________________________________________________________________

 Concurso para elaborar a exposición sobre Francisco Fernández del Riego

 

CONCURSO DA EXPOSICIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 ____________________________________________________________________________________________________________

 

XVI Certame Internacional de Relato Breve sobre Vida Universitaria  

 RELATOS SOBRE A VIDA UNIVERSITARIA

 ____________________________________________________________________________________________________________

  

X Certame GastroUNED: Literatura e Gastronomía  

 

GASTROUNED

 ____________________________________________________________________________________________________________

Certame de Fotografía Agrícola

 CERTAME DE FOTOGRAFÍA AGRÍCOLA

 

 


 

 


     OFERTAS DE EMPREGO 


martes, 25 de octubre de 2022

(E-MARTES) SOBRE SISTEMAS PARA A CONTRATACIÓN PÚBLICA

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2022 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública.

Contidos
A xornada de formación práctica dixital (E-martes), que se desenvolverá o día 8 de novembro de 2022, abordará os seguintes contidos:
• A plataforma de contratos públicos de Galicia (CPG).
• Como facer unha presentación electrónica das ofertas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
• O xestor de expedientes de contratación (Plation).
• Como darse de alta no Rexistro Xeral de Contratistas (RXC).
• Como presentar unha factura electrónica a través do Sistema electrónico de facturación (SEF) da Xunta de Galicia.
Os dous grupos de persoas destinatarias participarán de xeito conxunto na parte teórica da formación, que na súa parte práctica se adaptará aos requirimentos específicos de cada grupo de persoas destinatarias.

Persoas destinatarias
As persoas destinatarias desta actividade son:
• O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
• A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.

Desenvolvemento
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: o martes 8 de novembro de 2022.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas.

Número de prazas
Cincuenta (50).

Inscrición
1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e requisitos de selección establecidos na bases terceira e oitava, respectivamente. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica», para o persoal empregado público da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ou «cidadanía», no caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta actividade (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e despois seleccionar en «nome do curso» a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública.
5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 3 de novembro de 2022.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO DE SUBVENCIÓNS PARA A CONCESIÓN DIRECTA DE BOLSAS E AXUDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO 2021-22

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 19 de outubro de 2022 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 21 de outubro de 2021, modificada pola Orde do 8 de agosto de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR301V).


DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 2,3 E 4 NO ANO 2022

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022, que foron convocadas mediante a Resolución do 29 de agosto de 2022 (código de procedemento PL500C).

Fixar as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) convocadas mediante a Resolución do 29 de agosto de 2022:
– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
19 de novembro de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.
20 de novembro de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R e S.
– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
26 de novembro de 2022, para todas as persoas admitidas.
– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
27 de novembro de 2022, para todas as persoas admitidas.

Os centros e horarios de realización das probas, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poderán consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias). Así mesmo, na web tamén se publicará, na semana das probas correspondentes, a porta de acceso ao centro e mais a aula asignada a cada persoa para a realización da proba escrita. No caso daquelas persoas ás cales, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística comunicaralles directamente o día, a porta de acceso e a aula correspondentes.

Respecto da proba oral de cada nivel Celga, lémbrase que esta terá lugar o mesmo día que a proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar esta proba publicarase no centro correspondente, así como na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, unha vez que remate a proba escrita.