lunes, 24 de octubre de 2022

PREMIOS DE GALICIA DE ACCIÓN VOLUNTARIA 2022

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 14 de outubro de 2022 pola que se regula o procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria 2022 e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento BS508D).

Obxecto
Establecer a regulación do procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria coa finalidade de recoñecer publicamente o labor daquelas persoas físicas e xurídicas que, de xeito cotián, desenvolvan programas, accións ou proxectos de voluntariado na Comunidade Autónoma de Galicia, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2022.

Modalidades e persoas destinatarias
Os Premios Galicia de Acción Voluntaria terán as seguintes modalidades:
a) Premio voluntaria/o do ano: modalidade individual, para as persoas físicas.
b) Premio entidade de acción voluntaria do ano: modalidade colectiva, para as entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
c) Premio mellor proxecto de acción voluntaria do ano: modalidade para proxectos elaborados por entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, presentados por unha entidade de xeito individual ou por varias entidades de xeito conxunto, que se caractericen pola innovación e a repercusión social.

Premios
Outorgarase un premio en cada unha das modalidades establecidas, cuxa dotación económica será de 4.000 euros por modalidade.

Outros datos
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

INFORMACIÓN XUVENIL: SEMANA DO 14 AO 21 DE OUTUBRO

 



Sorteo Outono Gastronómico!   SORTEO CARNÉ XOVE

 

___________________________________________________________________ 

 

 

Orde de axudas para os permisos de condución clases B, C e D    ÚLTIMOS DÍAS PARA SOLICITAR AS AXUDAS! 

 

___________________________________________________________________    

 

 

   TAMÉN ÚLTIMOS DÍAS PARA SER CORRESPONDENTE XUVENIL

 

 

 



 Fin de ano e Semana Santa no deserto de Marrocos       FIN DE ANO NO DESERTO

 

________________________________________________________________________________________________________________

 

 

    XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS

 

________________________________________________________________________________________________________________

 

 

  PLANETA LEDO

 

___________________________________________________________________________________________________________________

 

 

Proxector: audiovisuais en galego para a docencia     PROXECTOR

 

_______________________________________________________________________________________________________________

 

 

Wombo Combo de Galeatro    WOMBO COMBO

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Vas Picar? Mocidade libre de apostas   VAS PICAR?

 

 



Obradoiro de Ioga no Espazo Xove de Ourens  IOGA NO ESPAZO XOVE DE OURENSE

 

 


 


Residencia para artistas emerxentes    RESIDENCIA PARA ARTISTAS EMERXENTES

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Ourense rural, axudas ao transporte de estudantes da Uvigo    OURENSE RURAL. BOLSAS DE DESPRAZAMENTO

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Bolsas posgrao en estatística no INE    BOLSAS NO INE

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Bolsas María Telo    BOLSAS "MARIA TELO"

 

 

 




    PROCURA DE EMPREGO

 

 

 

 



 

 Curso na Coruña de Monitor/a de actividades de tempo libre da Escola Galega de tempo libre   CURSO NA CORUÑA DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE

 

__________________________________________________________________________________________________________________

 

 

   CURSO EN SANTIAGO DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE

 

__________________________________________________________________________________________________________________

 

 

Curso en Marín de Monitor/a de actividades de tempo libre da ETL Estoupo   CURSO EN MARÍN DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE

 

 

 



III Premio de Novela da Galicia Rural   PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL

 

__________________________________________________________________________________________________________________

 

 

                 RELATO CURTO

 

__________________________________________________________________________________________________________________

 

 

Premios de Poesía e Xornalismo Johán Carballeira  PREMIO JOHÁN CARBALLEIRA 

 

_________________________________________________________________________________________________________________

 

Premio Concepción Arenal: proxectos educativos pola igualdade de xénero    PREMIOS A PROXECTOS POLA IGUALDADE

 

_________________________________________________________________________________________________________________

 

 

Premio Memoria da Emigración Española   MEMORIA DA EMIGRACIÓN

 

_________________________________________________________________________________________________________________

 

XXV Certame de novos/as creadores/as    CERTAME NOVOS CREADORES

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

IX edición do concurso ‘A Ciencia en imaxe’  A CIENCIA EN IMAXE

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

XXXIII Memorial María Luisa de Fotografía e Vídeo   XXXIII MEMORIAL FOTOGRAFÍA E VIDEO

 

____________________________________________________________________________________________________________

 

 

Time to move. Imaxes de Europa  FOTOS DE EUROPA

 

____________________________________________________________________________________________________________

 


  PREMIOS Á INVESTIGACIÓN ACADÉMICA

 

____________________________________________________________________________________________________________

III Concurso xuvenil de historias. #historiasdejóvenes  HISTORIA DE JÓVENES

 

 

 


 


    OFERTAS DE EMPREGO


jueves, 20 de octubre de 2022

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS A SOCIACIÓNS VECIÑAIS, COMUNIDADES DE USUARIOS DE AUGAS E ASOCIACIÓNS DE MULLERES RURAIS DE GALICIA

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 10 de outubro de 2022 pola que se modifica o artigo 15 da Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 9, do 14 de xaneiro de 2022).

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES A TRAVÉS DO TÍCKET DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 7 de outubro de 2022 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CO300B).

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA CREACIÓN E LANZAMENTO DE PLATAFORMAS DE MARKETPLACE PARA PRODUTOS AGROALIMENTARIOS NO MEDIO RURAL

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 7 de outubro de 2022 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 21 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a creación e o lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CO300H).

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA COMERCIALIZACIÓN DA ARTESANIA GALEGA 2022

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 7 de outubro de 2022 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 26 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN201G).