martes, 2 de junio de 2020

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA O PROGRAMA INDUSTRIAS DO FUTURO 4.0.

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACIÓN DAS EMPRESAS EN GALICIA

DETERMINACIÓN DA ÉPOCA DE PERIGO ALTO DE INCENDIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 28 de maio de 2020 pola que se determina a época de perigo alto de incendios.

Decláranse como época de perigo alto de incendios forestais durante o ano 2020 as datas comprendidas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.


lunes, 1 de junio de 2020

AXUDAS ÁS COMUNIDADES DE PROPIETARIOS/AS DE EDIFCIOS DE VIVENDAS PROTEXIDAS PROMOVIDAS POLO IGVS CO OBXECTO DE REALIZAR ACTUACIÓNS DE MELLORA ENERXÉTICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán as condicións de axudas ás comunidades de propietarios/as dos edificios de vivendas protexidas promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para facer actuacións de mellora enerxética cofinanciadas con fondos europeos, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, correspondente ao código de procedemento VI420B.
Así mesmo, por medio desta resolución, procédese á convocatoria desta subvención para o exercicio 2020.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as comunidades de propietarios/as dos edificios recollidos no ámbito de aplicación, que constitúan a totalidade dun mesmo edificio ou dun conxunto de vivendas unifamiliares e que vaian realizar actuacións de mellora de eficiencia enerxética obxecto da subvención e, ademais, cumpran os seguintes requisitos:
a) Que o seu edificio reúna as necesarias condicións de seguridade estrutural. De non ser o caso, a comunidade solicitante deberá acreditar a realización simultánea das obras que garantan que o edificio terá as condicións necesarias de seguridade estrutural.
b) Que non estean incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da LSG.
c) Que teñan capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para cumprir cos obxectivos do proxecto polo que se solicita a axuda, en cumprimento do artigo 125.3.d) do Regulamento 1303/2013.
d) Que sexan seleccionadas conforme a prelación das puntuacións obtidas en aplicación do baremo previsto no ordinal décimo quinto desta resolución e conforme a disposición orzamentaria existente.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación da solicitude será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación no mes de vencemento. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

REDISTRIBUCIÓN DE CRÉDITOS ORZAMENTARIOS DE SUBVENCIÓNS NO MARCO DO PLAN DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO

RESOLUCION DO 27 DE MAIO DE CONTINUACIÓN DA TRAMITACIÓN DO PROCECEMENTO DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AOS PROGRAMAS DE APOIO INFRAESTRUTURAL E ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS ÁS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

ACORDOS CECOP DO 30 DE MAIO DE 2020