jueves, 24 de septiembre de 2015
AXUDAS A PARTICULARES PARA A ADQUISICIÓN MOBILIARIO DE COCIÑA E BAÑO
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Obxecto
As presentes bases teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte do Igape destinadas a incentivar a demanda de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño en Galicia, para persoas físicas, co fin de incrementar e incentivar a demanda interna e tratar de repercutir con ela nos sectores industriais e comerciais galegos, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
O Igape publicará na súa páxina web www.igape.es/reforma15 a relación actualizada en todo momento dos establecementos de venda adheridos ao programa.
Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas
1. Serán subvencionables as operacións de adquisición de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño (excluídos electrodomésticos) realizadas nun establecemento de venda adherido, que cumpran as seguintes condicións:
a) Adquirir un ou varios bens obxecto de subvención nalgún dos establecementos de venda adheridos á presente iniciativa.
b) Para ser subvencionable unha operación de compra deberá acadar un custo mínimo de 1.000 € (sen incluír IVE).
c) A subvención máxima que se percibirá por persoa física será de 1.000 € nunha ou varias operacións.
d) Os bens obxecto de axuda deberán ser destinados, nun prazo de tres meses desde a solicitude, á reforma ou nova instalación de mobiliario no enderezo indicado na solicitude de axuda. Este domicilio non poderá figurar en ningún expediente doutro solicitante de axuda ao abeiro deste programa. Os beneficiarios da axuda declararán responsablemente que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional.
e) Os establecementos de venda deberán identificar claramente os materiais e pezas de mobiliario susceptibles de axuda conforme o establecido nestas bases.
f) Non se admitirán os pagamentos en efectivo.
2. Non se considerarán subvencionables os gastos e custos financeiros que sexan consecuencia do investimento nin os gastos realizados en bens usados.
3. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o día da presentación da solicitude e o derradeiro día do prazo de xustificación.
4. O IVE (imposto sobre o valor engadido) considerarase gasto subvencionable, dado que os beneficiarios son particulares, para xustificar o cal será necesario realizar unha declaración responsable (establecida na solicitude-anexo II) en que se indique que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional. Porén, para calcular a contía da subvención terase en conta o prezo dos bens impostos excluídos.
5. A contía da axuda será dun 20 % sobre o prezo dos bens, impostos excluídos, e antes do desconto requirido no seguinte parágrafo, cun máximo acumulado de subvención de 1.000 € por beneficiario.
A axuda do Igape virá condicionada a un desconto realizado polo establecemento de venda, que será realizado sobre a base impoñible da factura, de importe polo menos da mesma contía que a axuda outorgada polo Igape.
Polo tanto, a diferenza de prezo sobre a base impoñible resultante para o comprador dos bens obxecto de axuda será do 40 % desta, cos límites expostos, mediante o desconto e a subvención á compra, sen prexuízo de calquera desconto adicional que se poida obter por políticas concretas de venda ou promocións dos establecementos ou fabricantes.
6. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao seu valor do mercado.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes de axuda (que inclúen a documentación xustificativa e a solicitude de cobro) comezará 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 16 de novembro de 2015, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Neste caso informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web do Igape e no Diario Oficial de Galicia (código de procedemento IG219).
O prazo de xustificación da axuda estenderase ata o 30 de novembro de 2015.
martes, 22 de septiembre de 2015
GALEUROPA BOLSAS PRACTICAS FORMATIVAS EN EMPRESAS EUROPEAS
|
A Asociación Erasmus Compostela convoca 20 estadías prácticas formativas en
empresas, de dous meses de duración, en Reino Unido, Italia e Portugal
para mozos e mozas de menos de 25 anos. O obxectivo desde programa, ao abeiro da orde convocada pola Consellería de Traballo e Benestar con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil cun dobre obxectivo: que se reforce a súa empregabilidade e as competencias profesionais ao mesmo tempo que adquiren competencias en idiomas estranxeiros. Requisitos - Deberán estar inscritos e inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no eido da Comunidade Autónoma de Galicia. - Deberán ter menos de 25 anos, ou menos de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. O requisito da idade debe cumprirse no momento de solicitar inscrición no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Deberán dispor da Tarxeta Sanitaria Europea. - Non ter traballado nos 30 días anteriores ao momento de recibir a actuación. - Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación. - Non ter recibido accións formativas que comportan máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación. Os mozos e mozas comezarán a estadía o 30 de setembro e rematarana o 30 de novembro, tempo durante o cal realizarán 100 horas prácticas ao mes en empresas multidisciplinares vencelladas ao perfil de cada participante e máis de 50 horas de idiomas na lingua de traballo de destino. Para a organización, contarán cun titor que fale castelán no país de destino. Mais información en: http://www.esnsantiago.com/galeuropa/ galeuropa@esnsantiago.com Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo |
ENTIDADES COLABORADORAS ADHERIDAS AOS PLANS RENOVE DE FIESTRAS E DE CALDEIRAS DE ALTA EFICIENCIA
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
lunes, 21 de septiembre de 2015
AXUDAS ÁS ASOCIACIÓNS DE CONSUMIDORES DE GALICIA
INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO
Obxecto
As axudas reguladas nestas bases teñen por obxecto a realización por parte das asociacións de consumidores inscritas na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia dun programa de actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica coas especificidades que se establecen no artigo 2 destas bases.
Actuacións e gastos susceptibles de axuda
1. As axudas concederanse para atender os gastos xerados polo desenvolvemento de programas de actividades que impliquen sensibilización, formación e divulgación que xeren, no consumidor a que van dirixidas, un grao de coñecemento da problemática da facturación e consumo de subministración eléctrica co fin de adquiran os coñecementos suficientes que lles permitan tomar decisións que redunden nun aforro e racionalidade do gasto en consumo eléctrico.
2. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.
Todos estes gastos teñen que ser realizados e efectivamente pagados dende a entrada en vigor da presente orde e ata a data límite de xustificación establecida no artigo 15.
Prazo de solicitude
O prazo para a presentación das solicitudes comezará ao día seguinte da publicación desta orde no DOG e rematará cando se esgoten os fondos económicos consignados. En todo caso, finalizará no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.
Non obstante, no suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgote o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web do Instituto Galego de Consumo.
jueves, 17 de septiembre de 2015
MODIFICACIÓN:- PRÉSTAMOS JEREMIE-IGAPE EN BENEFICIO DE PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS E MICROEMPRESAS COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA