miércoles, 18 de diciembre de 2024

SUBVENCIÓNS Á CREACIÓN ESCÉNICA E A SÚA CONVOCATORIA PARA 2025

 Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT403B).

Finalidade
Determinar as condicións de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción da creatividade escénica, no marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025.

Persoas beneficiarias
Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, que teñan social ou estatutariamente como obxecto ou fin social o desenvolvemento de actividades escénicas que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e estean dadas de alta nas epígrafes 965 da sección de actividades empresariais ou as agrupacións incluídas na división 01: áreas de teatro e circo ou división 02: área de danza da sección 3 de actividades artísticas e cumpran cos requisitos establecidos nestas bases.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.