lunes, 23 de diciembre de 2024

AXUDAS PARA AS PERSOAS TITULARES DE TERREOS CINEXÉTICOS ORDNADOS, DESTINADOS AO FOMENTO DA RIQUEZA E XESTIÓN DOS RECURSOS CINEXÉTICOS 2025

 Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 3 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para as persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados, destinadas ao fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MT723A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer un réxime de axudas destinadas ás persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados (tecor) de Galicia, regulados no artigo 13 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia (código de procedemento MT723A).

Entidades beneficiarias
Poderán acollerse a estas axudas tanto as persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados (tecor) de Galicia, regulados no artigo 13 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, como as agrupacións destes que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, fagan unha solicitude conxunta. Neste último caso, os terreos cinexéticos deberán ser estremeiros e estaren situados nunha mesma provincia. Para cada tecor só será admisible unha única solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.