jueves, 5 de diciembre de 2024

MODIFICACIÓN.- PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN E INCENTIVACIÓN DO CONSUMO NOS COMERCIOS RETALLISTAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA A TRAVÉS DOS BONOS ACTIVA COMERCIO

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 4 de decembro de 2024 pola que se amplía a dotación orzamentaria e se modifica a Orde do 8 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B).

Artigo 1. Ampliación da dotación orzamentaria prevista na Orde do 8 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B)

Amplíase a dotación orzamentaria prevista na antedita orde de convocatoria do Programa bonos Activa comercio. O incremento da dotación será de 2.500.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 44.06.751A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Unha vez efectuado este incremento, o importe total da segunda convocatoria do Programa bonos Activa comercio para o ano 2024 ascenderá a 5.000.000,00 €. Por conseguinte, as referencias feitas ao orzamento do programa nos artigos 3.1, 13.4, 16.3 e 17 das bases reguladoras deben entenderse referidas ao importe total de 5.000.000,00 €.

Artigo 2. Modificación da Orde do 8 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B)

Modifícase o artigo 17 das bases reguladoras, que queda redactado nos seguintes termos:
«Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 9 de decembro ás 9.00 horas ata o 31 de decembro de 2024, agás no caso de que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 5.000.000,00 €.

Mediante orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración poderanse modificar as anteditas datas se razóns organizativas ou doutra índole así o aconsellan, do que se dará a oportuna publicidade».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.