INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e o seu obxecto é a concesión de axudas ou de préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:
I.1. Proxectos de investimento empresarial xerais.
I.2. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.
Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas e préstamos as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia considerado subvencionable ao abeiro destas bases.
Tamén poderán acceder á condición de beneficiaria as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes da axuda e, de ser o caso, préstamo comezará ás 8.00 horas do día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará ás 14.00 horas do 31 de outubro de 2023, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito.