jueves, 4 de enero de 2018

PREZOS CORRESPONDENTES Á PRESTACIÓN DE SERVIZOS NAS INSTALACIÓNS XUVENÍS E Á EXPEDICIÓN DE CARNÉS DIRIXIDOS Á MOCIDADE

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Artigo único. Modificación da Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

A Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, queda redactada como segue:

Un. O artigo 3 queda redactado como segue:

«Artigo 3. Desconto por familia numerosa e por familia monoparental

1. Os/as membros de familia que teñan o título de familia numerosa poderán ter un desconto de ata un 50 % sobre os prezos relativos ás actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no programa Campaña de verán.

2. Os/as membros de familias monoparentais poderán ter, así mesmo, un desconto de ata un 50 % sobre os prezos relativos ás actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no programa Campaña de verán.

De conformidade co disposto no artigo 13 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, enténdese por familia monoparental o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

Para os efectos da aplicación do desconto deberá acreditarse estar en posesión do certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental, expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia».

Dous. O anexo II. Prezos pola expedición dos diferentes carnés dirixidos á mocidade, da Orde do 1 de abril de 2016, queda redactado da seguinte maneira:

«Prezos pola expedición dos diferentes carnés dirixidos á mocidade

Tarifa en euros

Carné xove ................................................................................................... 6

Carné alberguista xove................................................................................. 5

Carné alberguista adulto/a............................................................................ 10

Carné alberguista grupo............................................................................... 16

Carné alberguista familiar............................................................................ 18

Carné teacher (ITIC)................................................................................... 9

Carné internacional xove (IYTC)............................................................... 9

Carné student (ISIC)................................................................................... 9»