miércoles, 26 de febrero de 2014

SUBVENCIÓNS A PROGRAMAS DE ACTUACIÓN EN FAVOR DAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, en favor das entidades galegas do exterior para gastos de funcionamento e para proxectos de actuación dirixidos ao cumprimento dos seus fins, sinaladamente nas áreas sociais, de xuventude, formativas, culturais e as que persigan o mantemento ou fomento dos lazos con Galicia, que se concretan nos seguintes programas de actuación:
Programa 1. Axudas para gastos de funcionamento e proxectos de actividades promovidos polas entidades galegas do exterior.
– Liña I: axudas para o financiamento de gastos de funcionamento das entidades galegas.
– Liña II: axudas para proxectos culturais, promovidos pola mocidade, para accións informativas ou para o cumprimento dos seus fins.
Programa 2. Accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas que teñan como obxectivo a promoción cultural, social ou económica de Galicia ou da propia entidade.
2. Así mesmo, ten por obxecto convocar as ditas subvencións para o ano 2014.
Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías establecidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
2. Igualmente, e de conformidade co establecido nas disposicións transitorias terceira e cuarta da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, tamén poderán ser beneficiarias as entidades recoñecidas pola normativa anterior á dita lei.
No programa 1, liña I –gastos de funcionamento–, só se concederán axudas ás entidades que teñan recoñecida a categoría de comunidades galegas ou de centros colaboradores da galeguidade.
No programa 1, liña II –proxectos de actividades–, poderán concederse subvencións a calquera entidade recoñecida.
No programa 2 –accións de especial relevancia– só se concederán axudas ás entidades que teñan recoñecida a categoría de comunidades galegas.
3. Non poderán concorrer ás subvencións establecidas nesta convocatoria as entidades galegas que teñan adoptado o acordo de iniciar un proceso de unión ou fusión en canto o dito proceso non estea rematado.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.