VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa Reencontros na Casa para residentes no exterior, durante o ano 2014.
Obxecto
RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa Reencontros na Casa para residentes no exterior, durante o ano 2014.
Obxecto
A presente resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar as axudas correspondentes ao programa Reencontros na Casa para o ano 2014, orientado a promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.
As axudas consistirán no financiamento parcial do custo da viaxe a Galicia dos emigrantes galegos que carezan de recursos desde os seus países de residencia ata Galicia.
Beneficiarios/as
1. Poderán ser beneficiarios deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1.1. Ser emigrante galego.
1.2. Ter a nacionalidade española.
1.3. Residir en América.
1.4. Ter, cando menos, 60 anos e estar xubilado ou ter, cando menos, 65 anos de idade, contados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
1.5. Non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes a Galicia desta secretaría xeral.
1.6. Para ser beneficiarios/as deste programa será necesario que poidan valerse por si mesmos e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración, circunstancias que deberán acreditarse mediante os correspondentes certificados médicos.
1.7. Ter familiares de ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia.
1.8. Ter ingresos inferiores a tres veces o importe das bases de cálculo da prestación económica por ancianidade do Ministerio de Emprego e Seguridade Social para o ano da convocatoria, segundo países de residencia. Se o solicitante convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70 % da devandita cifra polo número de conviventes menos un.
2. Poderán ser beneficiarias, como acompañantes, as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga aos solicitantes do programa indicados no punto 1, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos nos puntos 1.3, 1.5, 1.6 deste artigo e acheguen a documentación xustificativa.
3. Tamén poderán ser beneficiarios os fillos/as de emigrantes galegos que teñan a condición de galego e cumpran os requisitos indicados nos puntos 1.2, 1.3, 1.4, 1.5, 1.6, 1.7 e 1.8 deste artigo.
4. Entenderase como unidade económica familiar a integrada polo solicitante e, de ser o caso, o seu cónxuxe, parella de feito ou relación análoga, así como os fillos e parentes por consanguinidade ou adopción ata o segundo grao sempre que convivan co solicitante.
5. As relacións de feito análogas ao matrimonio terán que acreditar que levan convivindo polo menos un ano, e tal circunstancia poderase probar por medio da inscrición no rexistro correspondente, por manifestación expresa mediante acta de notoriedade ou por calquera outro medio admisible en dereito. No caso de teren fillos en común chegará con acreditar a convivencia.
Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes para este programa será de corenta días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.