VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Obxecto: establecer un programa de axudas económicas individuais e de carácter extraordinario, non periódico e social para o ano 2014 en réxime de concorrencia non competitiva, dirixido aos emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes nos países do estranxeiro establecidos no artigo 3.2 desta resolución, que se encontren en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas:
1. Os emigrantes galegos e os seus fillos maiores de 18 anos que posúan a condición de galegos residentes no exterior, de acordo co establecido no parágrafo seguinte deste punto, e que o acrediten segundo o establecido no artigo 14 desta resolución.
Para os efectos da presente convocatoria terán a condición de galegos residentes no exterior aqueles emigrantes que teñan nacido en Galicia ou ben acrediten ter residido en Galicia de forma continuada durante dez anos con nacionalidade española, así como tamén os seus fillos maiores de dezaoito anos que teñan nacionalidade española e que se encontren vinculados con calquera concello galego no censo electoral de residentes no exterior.
2. Os netos de emigrantes galegos, maiores de 18 anos, que teñan a condición de galegos residentes no exterior, que teñan nacionalidade española, que se encontren vinculados con calquera concello galego no censo electoral de residentes no exterior e que acrediten un ano de residencia continuada en Galicia.
3. No caso de falecemento das persoas indicadas nos números 1 e 2, poderán ser beneficiarios por unha única vez das axudas previstas no artigo 5 desta resolución o seu cónxuxe viúvo, os fillos, a parella de feito ou relación análoga, sempre que non transcorresen máis de quince meses desde o falecemento.
4. Os fillos e netos de emigrantes galegos deberán ter a vinculación con Galicia, cando menos, cun ano de antigüidade.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.