jueves, 27 de enero de 2011

NOVAS: CAPITALIZACIÓN PRESTACIÓN DESEMPREGO, MICROFINANCIAMENTO PROGRESS, S.M.I.

-O Pleno do Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade a proposta de incrementar ata o 100% a capitalización da prestación por desemprego para todos os desempregados que inicien "proxectos de autoemprego, que actualmente está fixada no 80% e restrinxida aos parados menores de 30 anos, 35 anos no caso das mulleres.
-O Instrumento europeo de microfinanciamento Progress concede micropréstamos de ata 25.000 euros para apoiar a creación de pequenas empresas que empreguen a menos de 10 traballadores e axudar ás persoas desempregadas ou inactivas que desexen establecerse por conta propia.
 Os pequenos emprendedores que desexen beneficiarse desta iniciativa poden facelo na súa propia localidade a través de provedores de microfinanciamento: bancos, microprestamistas sen ánimo de lucro ou institucións que proporcionan garantías financeiras, por exemplo. Estes provedores accederán aos fondos a través do Fondo Europeo de Investimentos.
-O Consello de Ministros aprobou a contía do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) para o ano 2011 que se fixou en 641,40 euros mensuais, o que supón un incremento do 1,3 por 100 respecto á establecida en 2010.Con carácter xeral o Salario Mínimo Interprofesional queda fixado en 21,38 euros ao día, ou 641,40 euros ao mes e en cómputo anual en ningún caso inferior a 8.979,60 euros. Para os traballadores eventuais e temporais cuxos servizos a unha mesma empresa non excedan de cento vinte días, o salario non poderá ser inferior a 30,39 euros por xornada. Por último, para os empregados de fogar a contía establecida é de 5,02 euros por hora traballada.